Sede electrónica Concello da Laracha

01:51:02 Mércores 31 de maio 2023
Estás en:

Detalle trámite

Presentación recursos administrativos

O procedemento de "presentación de recursos administrativos" permite ao cidadán recorrer contra os actos administrativos ditados polo Concello en calquera materia, sempre que se faga cumprindo as condicións e nos prazos que marca o acto/procedemento obxecto do recurso.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargar o impreso ou impresos dende esta paxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de presentación de recursos administrativos.
  • Instancia xeral na que se inclúa o texto do recurso, ou calquera escrito que conteña o recurso.

Nome: Presentación de recursos administrativos. Recurso de Reposición.

Unidade tramitadora: Secretaría.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Órgano competente en cada caso.

Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo de resolución: Un mes.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                 Presencial.