Sede electrónica Concello da Laracha

13:34:58 Luns 18 de xaneiro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de servizo de emerxencia social

O procedemento de “axudas de emerxencia social municipal”, é unha prestación non periódica de natureza económica destinadas a aquelas persoas integradas nunha unidade de convivencia que os seus recursos económicos resulten insuficientes para facer fronte a gastos específicos de carácter orinario ou extraordinario, co fin de previr, evitar ou paliar, unha situación de marxinación social.
Tamén se pode considerar emerxencia calquera situación de catástrofe sobrevida por accidente, inundación, afundimento ou calquera outra que sexa imprevisible e ante á que a persoa non dispoña de recursos para a súa solución.

As persoas individuais ou unidades familiares que carezan de medios económicos e nas que concorran factores de risco social.

 

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se a interesada/o non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos desde esta páxina ou acudir aos Servizos Sociais do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude (Anexo I).
  • Orixinal do DNI de todos os membros da unidade familiar maiores de idade. No suposto de estranxeiros/as, documento acreditativo da súa identidade.
  • Orixinal do libro de familia ou documentación equivalente e demostrativa da filiación.
  • Orixinal da sentenza de separación ou divorcio ou do convenio regulador ou documento regulador das relación paterno-filiais, se é o caso.
  • Volante de empadroamento colectivo no que conste a data de alta. O certificado será solicitado á oficina xeral municipal por parte dos servizos sociais do Concello.
  • Último recibo aboado do IBI e IVTM (no caso de ser titulares de bens). O certificado será solicitado á oficina de recadación municipal por parte dos servizos sociais do Concello.
  • Copia do contrato de alugueiro ou do préstamo hipotecario da vivenda, e os últimos xustificantes de pagamento, se é o caso.
  • Xustificación de ingresos de todas as persoas integrantes da unidade familiar que se atopen en idade laboral relativo aos 6 meses anteriores á presentación da solicitude. Para esta xustificación compre presentar a seguinte documentación acreditativa:
    • Nóminas de todos os membros da unidade familiar computables e que perciban haberes.
    • Certificación de percibir ou non prestacións económicas por parte do Servizo Público de Emprego.
    • Certificación de percibir ou non prestacións ou pensións por parte da Seguridade Social.
    • Autorización ao Concello da Laracha para acceder aos datos tributarios debidamente asinada por todos os membros que formen parte da unidade familiar de convivencia ou certificación dos mesmos expedida pola axencia tributaria (Anexo II).
    • Extracto de movementos da contas bancarias das que sexan titulares ou cotitulares, nos 6 meses anteriores á petición da axuda (Naqueles casos nos que non sexa posible achegar a documentación específica sinalada sobre os ingresos, solicitarase declaración responsable).
    • Declaración xurada de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas polo mesmo concepto polas distintas administración públicas competentes ou institucións privadas (Anexo III).
  • No caso de padecer enfermidade, informe médico emitido polo sistema público de saúde que acredite tal circunstancia, si fose o caso e se lle requirira.
  • Certificado de grao de discapacidade e/ou grao de dependencia, se é o caso.
  • Documentación acreditativa da situación de necesidade determinantes da solicitude. (Esta documentación debe ser orixinal, así como o xustificante do custo ou orzamento nos casos que proceda).
  • Certificación da conta bancaria na que deba efectuarse o ingreso (Anexo IV), de ser o caso, ou documento de pagamento delegado (Anexo V).
  • Informe de vida laboral.
  • No caso de vítimas de violencia de xénero deberá presentar documentación xustificativa.
  • Declaración responsable de estar o corrente no pago das débedas a Facenda e á Seguridade Social e de non estar incurso en ningunha das causas de prohibición para obter a condición de beneficiario da axuda. (Anexo VI).

Nome: Solicitude de servizo de emerxencia social.

Unidade tramitadora:
Servizos Sociais.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter do silencio administrativo: Silencio Negativo.

Taxas/Impostos:
Non aplica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.